Miguel Branco, do proxecto Trasno, para o Diario de Carballo

As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un 
pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega.
Mais, e ben o explicou Ch.R. Darwin, as illas son habitualmente ricas paraxes
cheas de peculiaridades naturais. En canto á  súa xente, si, tamén son
peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa na que
viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión
Europea. Tampouco falan o danés senón unha lingua relacionada con este e o
noruegués, o feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os
habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na
emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer
centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a
tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos
terán na súa lingua propia… de feito non teñen ordenadores traducidos ó
Feroés.

Un momento, non fun preciso dabondo. A unha compañía coma Microsoft,
fabricante dos arquicoñecidos XP e Vista, ou coma Apple, o feroés resúltalles
unha lingua, digámolo en termos económicos, pouco rendible. E digo pouco
porque traducir software, que é do que falo, é realmente caro. -Para sesenta
mil falantes!?- dirán. Así que os feroeses téñense que conformar con comprar a
versión inglesa deses produtos ou, probablemente o prefirán, a danesa. Pero,
parece que alguén aló nas illas non está conforme con esta situación e non só
isto senón que se puxo mans á obra. Resulta que alguén está disposto a que
todos os seus veciños feroeses poidan navegar por internet ou ler o seu correo
electrónico sen abandonar a súa lingua materna. Será o Primeiro Ministro das
Feroes?. Sexa que sexa conseguirao cunha dose de paciencia e esforzo, pero sen
necesidade de facer unha sentada diante das oficinas de Microsoft en Redmond.
Nin creo que fose frutífera nin tampouco sería necesario. O que ese alguén
fará, e do que non hai constancia de que sexa o Primeiro Ministro, será
traducir un dos escritorios [1] dispoñibles para Linux [2]. Linux, igual ca
Windows XP ou Mac OS X,  é un sistema operativo, é dicir, digámolo así, é o
software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de
acendido ata que o apagamos. O escritorio é todo o que vemos e usamos entre
medias. Cando remate a súa tradución os seus veciños e el mesmo poderán
empregar un ordenador cen por cento en feroés… a custo cero. Nin este veciño
ha cobrar por traducir software nin tampouco é necesario pagar por descagar,
instalar ou usar Linux legalmente. Fagan contas e comprobarán que, como moito,
os feroeses só pagarán a factura de compra do ordenador grazas a esquecerse de
compañías coma as citadas enriba.

O misterio da redución drástica no importe da factura reside en que Linux é
software libre, ó igual có escritorio que este feroés traduce. Estamos
acostumados a ver e usar produtos de software que son producidos de xeito
privado, por compañías, e a logo ver como nos venden eses produtos, enlatados
e ben pechadiños. Porén, o software libre ten como sinal de identidade ser
feito de xeito colaborativo a través de internet por voluntarios, ser
distribuible gratiuitamente e ser modificable ó antollo dos usuarios,
legalmente, claro. O efecto colateral disto é que os proxectos de software
libre poden ser traducidos sen necesidade dun estudo de marketing previo e sen
render contas a ninguén. Linux, KDE e Gnome, que son os principais escritorios
para Linux, Firefox, OpenOffice,… son software libre e son traducidos por
voluntarios. Para ese alguén que traduce ó feroés dá igual que os seus
compatriotas se conten por miles coma por millóns, a el só lle importa que
haxa informática en feroés.. Coma co feroés, o software libre tradúcese a
centos de linguas. Tradúcese ó frisón, alemán, chinés ou bengalí, tamén ó
butanés, zulú e ó guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén ó esperanto, ó ido
e ó inglés antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén
está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software e
facémolo, principalmente, baixo o Proxecto Trasno [3] (www.trasno.net). Inda
que queda moito por facer, xa temos ordenadores galegofalantes… todo
software libre.  

A min gústame dicir que o software libre, amais de ofrecer calidade, é
socialmente xusto. É que, abonda con que haxa un só voluntario disposto as
romper as barreiras da imposición lingüística ou as impostas pola demografía
que a totalidade dos seus esforzos han chegar da man do software libre,
independentemente de razóns socioeconómicas, a onde a tecnoloxía dea chegado,

[1] http://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_de_escritorio
[2] http://gl.wikipedia.org/wiki/Linux
[3] Proxecto trasno http://www.trasno.net

Deixe un comentario »

Internet é unha oportunidade para o Galego. Por Roberto Brenlla

Internet está a provocar unha auténtica revolución na humanidade. A súa existencia posibilita a comunicación instantánea a custes marxinais case que nulos e por múltiples vías (correos electrónicos, mensaxería, blog, microblog, voz, podcast, videowebs, fotowebs…) que dan como resultado unha contorna que facilita a colaboración masiva entre iguais. E, como en calquera revolución que a Historia presenciou, a orde establecida está a mudar substancialmente á vez que esta tecnoloxía penetra, obrigando a adaptarse a case que calquera, tanto persoas como organizacións. A colaboración está acadando graos insospeitados, xa non só polo cantidade senón porque maioritariamente é de tipo voluntario. Sermos conscientes disto axudaranos a situarnos na punta de lanza da sociedade do futuro.

 

Os exemplos de iniciativas que souberon aproveitar esta nova situación igualitaria e colaborativa son moitos e diversos. Linux e o Software Libre coas licenzas que dan permisos para copiar, modificar e distribuir con tal de manter inalternadas esas liberdades a favor da sociedade xeral, están perfectamente adaptados á contorna colaborativa e de traballo en rede propiciada por Internet. As tecnoloxías libres son abertas, enriquecedoras, colaborativas, construtivas e aínda poderíamos incluir varios adxectivos máis. A Wikipedia, enciclipedia descentralizada, aberta á participación comunitaria, estanos amosando o rico e doado que é a compartir coñecemento. Con certeza, Linux, Software Libre, Wikipedia e tantos máis están medrando con Internet e servindo de exemplo de éxito, demostrando que a colaboración masiva existe, é posible e rendible para a comunidade.

 

Como podemos aproveitar esta oportunidade para favorecer á nosa lingua? Ben sabemos que o galego leva sufrindo o trato minorizado durante séculos namentres a súa evolución natural1, o portugués, acadou auxe alén dos mares estendéndose entre millóns de persoas. Agora, grazas a Internet, a nosa relación coa “comunidade” amplíase. Podemos irmanarnos coa lusofonía comunicándonos en galego así como abrir novas canles coa nosa familia emigrante. Alentar o seu uso en todos os frentes onde a rede estea ao noso alcance pode e debe provocar un efecto incentivador que retroalimente o desexeo a “falar e escribir en galego”. Como integrantes da comunidade internauta debemos ter presente que está nas nosas mans colaborar e actuar a prol de incentivar á nosa lingua, como cultura propia, como parte da nosa personalidade.

 

©Roberto Brenlla – 24 de xullo de 2008

Licenza Creative Commons Recoñecemento 3.02

1O galego e o portugués considerábase a mesma lingua ata a Idade Media ata que o reparto de reinos comezounos a separar.

2http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/deed.gl

Deixe un comentario »

Fillos ou Traballo? Difícil elección

null

Primeira dificultade e case a máis importante, a económica: cando una muller decide ter un fillo ten que ter en conta, ademais dos gastos normais que supón o neno, todas as rebaixas no seu soldo que terá tanto nos meses de baixa por maternidade coma despois de nace o neno pola decisión que tome respecto as horas de traballo que vaia realizar. Por suposto non é o mesmo soldo cando traballamos cada día, que cando estamos de baixa polo motivo que sexa, por iso a maioría das mulleres non poderíamos coller todos os meses que contempla a lei como baixa por maternidade, se non que xeralmente aproveitamos até o 8º ou 9º mes de embarazo traballando porque sabemos que unha vez que naza o neno será moito máis difícil volver ao traballo cando queiramos.

 

Seguindo coa economía pasamos a, despois de dar a luz: xa contamos cos gastos normais e previsibles dun nacemento dun neno, aparte temos que contar cos descontos dos meses que necesitemos da baixa maternal, que dende logo temos que coller, nós as mulleres, porque desgraciadamente e aínda, solemos cobrar un soldo bastante inferior a nosa parella, home, aínda que fagamos o mesmo traballo. Agora o neno xa ten idade suficiente coma par quedar nunha gardaría mentres nós imos ao traballo, pero aquí tamén atopamos varios problemas, tanto económicos coma de tempo e horarios compatibles. No plano económico veremos que non encontramos unha gardaría de balde para o noso fillo, polo tanto se non contamos con familiares que se poidan facer cargo do noso fillo mentres imos traballar, teremos que desembolsar a metade ou máis do noso soldo para contratar unha persoa que faga ese traballo, ou pagar unha gardaría no seu caso. Non é lóxico que vaiamos traballar por ese diñeiro que nos vai quedar, e aínda encima non poder gozar do noso neno. Isto sen contar cos horarios que moitas veces tampouco son compatibles entre gardaría e o noso emprego. Total, compénsanos quedarnos na casa coidando do noso fillo e facendo nós mesmas as tarefas do fogar en lugar de saír da casa todo o día para volver con un soldo limpo insignificante.

 

Por todo isto, e por moitos motivos máis, moitos, que non podo expoñer neste artigo porque xa non teño máis tempo para escribir, eu penso que iso que din de que as mulleres podemos escoller cando ou como ter os fillos, compatibilizar a familia co traballo e todas esas facilidades que din que nos dan, non é nada máis que unha cortina de fume que nos poñen para que non vexamos que seguimos estando coma outrora, a muller que queira formar unha familia debe ter unha persoa ao lado que gañe para os dous e para os seus fillos e debe dispor de todo o tempo para coidar, educar e manter en orden en familia e fogar.

B.V.S.

Deixe un comentario »

Que ler este verán

A todos os/as nenos/as ou pais e nais que queiran que os seus fillos collan un libro, eu escollín uns libros en castelán; son os seguintes:

  • NACHO CHICHONES de Gonzalo Moure Trenor ilustracións de Pablo Núñez.

 Este libro é divertido e lese nunha noite.

  •  CON LA CABEZA A PÁJAROS: de José Antonio del Canizo.
  •  UN VIKINGO EN EL JARDÍN: de Annie M. G. Schmidt.

Este libro tamén é moi divertido. 

  • UNA BRUJA EN CASA: de Ulf Stara.

Este libro é moi bo.

Todos os libros que vos acaba de dicir son de EL BARCO DE VAPOR, Grupo SM e son para todas as idades.

Hai un libro moi bonito chamado:

  • CUENTO DE NAVIDAD: de Charles Dickens adaptación de Pablo Antón Pascual ilustracións de Christian Birmingham Vicens Vives Cucaña: é un libro que polo menos a min, unha rapaza de 12 anos, marcoume moito. Volvería a lelo unha e outra vez.

 Os libros que vos recomendo son en español, isto é para que vós practiquedes cos vosos fillos.

¿Porque os recomendo?

É moi sinxelo; practicamente os elixín porque son moi divertidos, animados, aventurados, fantásticos …

Todos están moi ben, son divertidos, eso si o que mais me gustou foi: CUENTO DE NAVIDAD.

Todos están en castelán pero se queredes ides á librería é preguntades se teñen a versión en galego.

En fin, penso eu que vos gustarán a todos.

 GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN

 I.A.M.

 

Deixe un comentario »

Sobremesas de verán

Hai moitas variedades de sobremesa para o verán.

Coa calor, no verán apetece tomar cousas frescas, como a froita.

No verán temos moitas froitas: fresas, albaricoques, sandías, melóns … vamos case todas as froitas.

Unha forma de comer froita é en ensalada (macedonia).

 

null

ENSALADA DE FROITAS

A súa elaboración e moi sinxela, colles todo tipo de froitas: kiwi, laranxa, melocotón, mandarinas, fresas, vamos, todas as froitas que ti queiras.

Collemos as froitas, lavámolas e as pelamos, e logo empezamos a cortalas en pedaciños das formas que queiramos nós, por exemplo en cadradiños. Misturamos todo e quédanos unha ensalada de froitas riquísima!!!

 

Coa froita tamén podemos facer zumes naturais, incluso granizados (botándolle xeo picado).

A parte das froitas, e outras bebidas refrescantes, no verán tamén comemos xeados, moitos xeados.

Os xeados, a parte de refrescantes, están moi bos.

A todos nos gustan, ben sexan de chocolate, de vainilla, fresa … de moitos os sabores.

Eu penso que o xeado é o máis rico do mundo.

I.A.M.

Deixe un comentario »

Xeración SMS

“Sen móbil eu sería unha marxinada no meu grupo de amigos e no instituto …”

É o que din a maioría dos mozos adolescentes entrevistados en varios colexios e institutos españois, séntense totalmente illados sen o seu aparello ao lado.

O caso de dous nenos de 12 e 13 anos desatou a polémica; están sendo tratados pola súa adicción ao móbil no centro de saúde mental de Lérida. Os expertos advirten da existencia de toda unha xeración de adolescentes que converteu este aparello nun xogo máxico.

 

Os pais levan aos seus fillos ao médico por problemas da conduta, fracaso escolar, etc. e nunca pensaron que o móbil tivera algo que ver no cambio da personalidade dos seus fillos. Cando se lles quita o aparello presentan estados graves de ansiedade e serias dificultades para levar unha vida normalizada, póñense agresivos e son capaces de urdir calquera mentira para conseguir diñeiro para unha nova recarga. Noutras palabras, sen o móbil sofren un claro síntoma de abstinencia. Eles mesmos recoñecen que sen o seu teléfono móbil están perdidos e baleiros. Din que prefiren falar cos seus amigos a través do aparello que en propia persoa.

 

Un estudio realizado entre mozos de 10 e 17 anos desvélanos que máis do 40% lle dedica catro ou máis horas ao día a tratar co móbil, e case todo o tempo en mandar e recibir mensaxes. Os psicólogos din que está substituíndo o tabaco, estáse convertendo nunha droga o seu alcance.

 

Como detectar se o noso fillo é adicto ao móbil? A maioría dos adolescentes adictos ao móbil teñen unha moi baixa autoestima e senten unha necesidade compulsiva de estar conectados en todo momento. Non se poden separar do aparello nin un so segundo, e verse privados do seu uso pode chegar a deprimilos. Apagalo provócalles ansiedade, irritabilidade e alteracións do soño, tremores e até problemas dixestivos. Pásanse a vida buscando diñeiro para recargalo, e na súa cama sempre lles acompaña a luz da pantalla coma se fora o seu osiño de peluche preferido. As mozas obsesiónanse máis coas mensaxes, sms, pola contra, os rapaces engánchanse máis aos toques, chamadas perdidas, porque son máis vagos para escribir e para conseguir diñeiro tamén.

B.S.V.

Deixe un comentario »

Ensalada de cores (sobremesa)

INGREDIENTES PARA CATRO PERSOAS:

     

· Unhas cantas améndoas

· 4 kiwis

· 2 plátanos

· sandía

· unhas cantas uvas

 

PREPARACIÓN:

 Pele os kiwis, pártaos pola metade e delles forma de estrela.
-Pele as uvas e quítelles as sementes. No oco que deixan, coloque unha améndoa ou unha avelá.
-Quite a pel aos plátanos e córteos a tiras máis ou menos finas.
-Por último, faga unhas cantas boliñas (existen aparellos especiais para esta labor) coa pulpa da sandía.
Presentación do prato:
Para que o prato quede apetecible para os nenos, coloque as uvas no centro, as estrelas de kiwi ao redor, e a cada lado sitúe unha tira de plátano. Entre tira e tira, dispoña un grupiño de boliñas de sandía. Non esqueza, de novo, que gran parte do éxito da comida infantil está na importancia que ten a presentación dun prato.

P.C.M.

Deixe un comentario »

Bocados de aire

null

 PRECISAMOS:

 

  • 250 gramos de fariña

  • 2 ovos

  • 1/4 litro de leite

  • 1/2 culleradas de fermento

  • aceite de oliva

  • azucre en pó

 

COMECEMOS:

 

Mesturamos os ovos, fariña e o leite xunto á media culleradiña de fermento en pó.

Quentamos unha tixola con aceite de oliva e fritimos nela culleradas da masa obtida en forma de buñuelo.

Unha vez doradiños sacamos os buñuelos da tixola e os cubrimos co azucre en pó.

I.A.M.

Deixe un comentario »

Panecillos de Dragón (Aperitivos)

null

 PRECISAS:

 

  • 2 culleradas de aceite vexetal

  • 2 culleradas de mel

  • 2 culleradas de sirope de arce

  • 1 chorro de leite

  • 1 chorro de zume de mazá

  • 2 ovos

  • 225 gramos de fariña de millo

  • fermento

  • sal

  • 2 mazás peladas e raiadas

 

COMECEMOS:

 

Mestura primeiro o aceite coa mel, agrega o leite, o zume de mazá e os ovos batidos.

Agora mestura noutro cuenco a fariña, o fermento e o sal e engádeo aos ingredientes líquidos coa mazá raiada.

Rechea até a metade os moldes coa pasta; poñer no forno precalentado a 180 grados durante 30 minutos.

 

E … a comer!!

I.A.M.

Deixe un comentario »

Coñece Carballo

 Carballo é a capital de Bergantiños e centro natural desta comarca, ao norte de Galicia.

Carballo ten unha situación privilexiada, situase entre dúas das cidades mais importantes da comunidade galega: A Coruña e Santiago de Compostela.

As características do clima axudan a que os invernos sexan suaves e cálidos os veráns, o que convida a descubrir a súa paisaxe.

Aos turistas ofrécelles moitas posibilidades para o tempo de lecer. A riqueza da paisaxe, as praias ou a gastronomía son só algúns dos reclamos do noso municipio neste territorio.

Os eventos culturais, o deporte, as festas … todo o que precisa saber para a súa visita.

É un cruzamento de camiños entre a comarca de Bergantiños, a costa da morte, a capital da provincia – A Coruña– e a da comunidade autónoma- Santiago de Compostela- esta situación, como dicíamos, é privilexiada, fixo que o noso municipio se convertese nun referente comercial onde atopar todo tipo de produtos: agrícolas, gandeiros…

Celébranse moitas actividades comerciais ao longo do ano, numerosas feiras (os 2º, 4º e 5º domingo de cada mes) e mercados (todos os xoves).

No mercado municipal de Carballo mestúranse a tradición e os últimos adiantos. Así, a praza renóvase, cada ano, para dotar aos comerciantes e clientes dun espazo idóneo no que realizar as súas transaccións. No mercado poden encontrar os mellores produtos naturais, acabados de saír da terra ou do mar.

A beleza do contorno natural conxúgase co rico patrimonio artístico. A historia chegou até os nosos dias da man de castros, túmulos megalíticos, pazos e casas señoriais, ou abondosas mostras de arquitectura relixiosa.

P.C.M.

Deixe un comentario »