Traballando coa lingua

Dende hoxe, martes 14, e até o xoves 16 de xullo terá lugar no Concello de Carballo o curso de verán sobre Dinamización Lingüística, “Traballando coa lingua”.

Este curso de Novas tecnoloxías e dinamización lingüística, os novos contextos da sociedade do coñecemento e do multilingüismo, está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña en colaboración co Concello de Carballo, a Deputación da Coruña, a CTNL (a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua) e Tagen Ata.

Alfabetización dixital, oportunidades que ofrece o software libre, recursos e espazos para o galego serán algúns dos temas a tratar ao longo das tres xornadas que conforman este curso por diferentes profesionais expertos nestes campos.

A interese polo curso é elevada, xa que 60 persoas son as que están a ser os/as participantes que asisten, quedando aínda así lista de espera para poder acceder ao mesmo.

Say your words