Suso Baleato na mesa redonda: O software libre como porta aberta para a normalización lingüística

Suso Baleato, coordinador de Mancomun.org, despois de participar na mesa redonda “O software libre como porta aberta para a normalización lingüística”, achéganos a súa visión de dita charla:

 

Saio encantado do evento organizado en Carballo pola UDC sobre
Dinamización Lingüística. No meio da calor dise vrao que vai vindo
estivemos a falar sobre software libre e o seu rol na normalización.

Miguel Branco de Trasno explicou moi ben as internalidades da
localización de software libre ao galego; tamén Carme Suárez,
Coordenadora da Rede de Dinamización, dounos información sobre o
funcionamento da Rede e o seu impacto social; José Ramom Pichel
falou do OpenTrad, un tradutor automático en software libre. A min
tocoume falar do DVD da PEME promovido por Mancomún, o Centro de
Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza 

O certo é que o noso país está moi falto de iniciativas tendentes á
normalización do noso idioma, así que esta clase de eventos sempre
contarán co meu apoio. Ogallá que as asistentes ao curso no día de mañá
poidan atopar o seu lugar nalgún posto de dinamización lingüística por
que co aprendido hoxe sobre software libre disporán de ferramentas moi
efectivas na súa labor.

Say your words