Coñece Carballo

 Carballo é a capital de Bergantiños e centro natural desta comarca, ao norte de Galicia.

Carballo ten unha situación privilexiada, situase entre dúas das cidades mais importantes da comunidade galega: A Coruña e Santiago de Compostela.

As características do clima axudan a que os invernos sexan suaves e cálidos os veráns, o que convida a descubrir a súa paisaxe.

Aos turistas ofrécelles moitas posibilidades para o tempo de lecer. A riqueza da paisaxe, as praias ou a gastronomía son só algúns dos reclamos do noso municipio neste territorio.

Os eventos culturais, o deporte, as festas … todo o que precisa saber para a súa visita.

É un cruzamento de camiños entre a comarca de Bergantiños, a costa da morte, a capital da provincia – A Coruña– e a da comunidade autónoma- Santiago de Compostela- esta situación, como dicíamos, é privilexiada, fixo que o noso municipio se convertese nun referente comercial onde atopar todo tipo de produtos: agrícolas, gandeiros…

Celébranse moitas actividades comerciais ao longo do ano, numerosas feiras (os 2º, 4º e 5º domingo de cada mes) e mercados (todos os xoves).

No mercado municipal de Carballo mestúranse a tradición e os últimos adiantos. Así, a praza renóvase, cada ano, para dotar aos comerciantes e clientes dun espazo idóneo no que realizar as súas transaccións. No mercado poden encontrar os mellores produtos naturais, acabados de saír da terra ou do mar.

A beleza do contorno natural conxúgase co rico patrimonio artístico. A historia chegou até os nosos dias da man de castros, túmulos megalíticos, pazos e casas señoriais, ou abondosas mostras de arquitectura relixiosa.

P.C.M.

Say your words