Xeración SMS

“Sen móbil eu sería unha marxinada no meu grupo de amigos e no instituto …”

É o que din a maioría dos mozos adolescentes entrevistados en varios colexios e institutos españois, séntense totalmente illados sen o seu aparello ao lado.

O caso de dous nenos de 12 e 13 anos desatou a polémica; están sendo tratados pola súa adicción ao móbil no centro de saúde mental de Lérida. Os expertos advirten da existencia de toda unha xeración de adolescentes que converteu este aparello nun xogo máxico.

 

Os pais levan aos seus fillos ao médico por problemas da conduta, fracaso escolar, etc. e nunca pensaron que o móbil tivera algo que ver no cambio da personalidade dos seus fillos. Cando se lles quita o aparello presentan estados graves de ansiedade e serias dificultades para levar unha vida normalizada, póñense agresivos e son capaces de urdir calquera mentira para conseguir diñeiro para unha nova recarga. Noutras palabras, sen o móbil sofren un claro síntoma de abstinencia. Eles mesmos recoñecen que sen o seu teléfono móbil están perdidos e baleiros. Din que prefiren falar cos seus amigos a través do aparello que en propia persoa.

 

Un estudio realizado entre mozos de 10 e 17 anos desvélanos que máis do 40% lle dedica catro ou máis horas ao día a tratar co móbil, e case todo o tempo en mandar e recibir mensaxes. Os psicólogos din que está substituíndo o tabaco, estáse convertendo nunha droga o seu alcance.

 

Como detectar se o noso fillo é adicto ao móbil? A maioría dos adolescentes adictos ao móbil teñen unha moi baixa autoestima e senten unha necesidade compulsiva de estar conectados en todo momento. Non se poden separar do aparello nin un so segundo, e verse privados do seu uso pode chegar a deprimilos. Apagalo provócalles ansiedade, irritabilidade e alteracións do soño, tremores e até problemas dixestivos. Pásanse a vida buscando diñeiro para recargalo, e na súa cama sempre lles acompaña a luz da pantalla coma se fora o seu osiño de peluche preferido. As mozas obsesiónanse máis coas mensaxes, sms, pola contra, os rapaces engánchanse máis aos toques, chamadas perdidas, porque son máis vagos para escribir e para conseguir diñeiro tamén.

B.S.V.

Say your words