Arquivo para Lecer e Turismo

Que ler este verán

A todos os/as nenos/as ou pais e nais que queiran que os seus fillos collan un libro, eu escollín uns libros en castelán; son os seguintes:

  • NACHO CHICHONES de Gonzalo Moure Trenor ilustracións de Pablo Núñez.

 Este libro é divertido e lese nunha noite.

  •  CON LA CABEZA A PÁJAROS: de José Antonio del Canizo.
  •  UN VIKINGO EN EL JARDÍN: de Annie M. G. Schmidt.

Este libro tamén é moi divertido. 

  • UNA BRUJA EN CASA: de Ulf Stara.

Este libro é moi bo.

Todos os libros que vos acaba de dicir son de EL BARCO DE VAPOR, Grupo SM e son para todas as idades.

Hai un libro moi bonito chamado:

  • CUENTO DE NAVIDAD: de Charles Dickens adaptación de Pablo Antón Pascual ilustracións de Christian Birmingham Vicens Vives Cucaña: é un libro que polo menos a min, unha rapaza de 12 anos, marcoume moito. Volvería a lelo unha e outra vez.

 Os libros que vos recomendo son en español, isto é para que vós practiquedes cos vosos fillos.

¿Porque os recomendo?

É moi sinxelo; practicamente os elixín porque son moi divertidos, animados, aventurados, fantásticos …

Todos están moi ben, son divertidos, eso si o que mais me gustou foi: CUENTO DE NAVIDAD.

Todos están en castelán pero se queredes ides á librería é preguntades se teñen a versión en galego.

En fin, penso eu que vos gustarán a todos.

 GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN

 I.A.M.

 

Deixe un comentario »

Coñece Carballo

 Carballo é a capital de Bergantiños e centro natural desta comarca, ao norte de Galicia.

Carballo ten unha situación privilexiada, situase entre dúas das cidades mais importantes da comunidade galega: A Coruña e Santiago de Compostela.

As características do clima axudan a que os invernos sexan suaves e cálidos os veráns, o que convida a descubrir a súa paisaxe.

Aos turistas ofrécelles moitas posibilidades para o tempo de lecer. A riqueza da paisaxe, as praias ou a gastronomía son só algúns dos reclamos do noso municipio neste territorio.

Os eventos culturais, o deporte, as festas … todo o que precisa saber para a súa visita.

É un cruzamento de camiños entre a comarca de Bergantiños, a costa da morte, a capital da provincia – A Coruña– e a da comunidade autónoma- Santiago de Compostela- esta situación, como dicíamos, é privilexiada, fixo que o noso municipio se convertese nun referente comercial onde atopar todo tipo de produtos: agrícolas, gandeiros…

Celébranse moitas actividades comerciais ao longo do ano, numerosas feiras (os 2º, 4º e 5º domingo de cada mes) e mercados (todos os xoves).

No mercado municipal de Carballo mestúranse a tradición e os últimos adiantos. Así, a praza renóvase, cada ano, para dotar aos comerciantes e clientes dun espazo idóneo no que realizar as súas transaccións. No mercado poden encontrar os mellores produtos naturais, acabados de saír da terra ou do mar.

A beleza do contorno natural conxúgase co rico patrimonio artístico. A historia chegou até os nosos dias da man de castros, túmulos megalíticos, pazos e casas señoriais, ou abondosas mostras de arquitectura relixiosa.

P.C.M.

Deixe un comentario »

Carballo en festas

Núcleo urbano de Carballo:

SAN XOAN (20 ao 26 de xuño)

A BREA, FESTA DO PAN (12 e 13 de xullo)

SAN CRISTOVO (2 e 3 de agosto)

MILAGROSA (5, 6 e7 de setembro)

A PILARICA (12 de outubro)

 

Aldemunde:

SAN ANTONIO (17 de xaneiro)

MARIA MAGDALENA (22 de xullo)

OS REMEDIOS E VILAMAIOR (20 e21 de setembro)

SACRAMENTO E SAN ANTONIO (7 e 8 de xuño)

NOSA SEÑORA (15 de agosto)

 

Artes:

SAN XURXO (23 de abril)

PERPETUO SOCORRO (4 e 5 de agosto)

OS MILAGROS (8 de setembro)

SAN ANTTONIO DE VILARDEFRANCOS (13 de xuño)

 

Bértoa:

NOSA SEÑORA (15 ,16 e 17 de agosto)

STA EUFEMIA (19 e 20 de setembro )

 

Cances:

SAN PEDRO (28 e 29 de xuño)

SAN CAMPIO (27 e 28 de setembro)

 

De Entrecruces:

SANTO SAN PAIO (15 de xaneiro)

CORPUS CHRISTI (25 de maio)

SANXINÉS (baixa) (24,25 e 26 de agosto)

 

Goiáns:

SAN PAIO 15 de xaneiro)

SAN ESTEVO (26 de decembro)

SAN RAMÓN (Xoane) (30 e 31 de agosto)

SAN RAMÓN (Goiáns) (6 e 7 de setembro )

 

Lema:

SAN CRISTOVO e SACRAMENTO (10 e 11 de xullo)

O CARMEN (20de xullo)

MEXILLONADA (16 de agosto)

SANTA IRENE (20 e 21 de setembro)

 

Noicela:

ROMERÍA GALEGA EN IMENDE (5 de xullo)

FESTA DO BERBERECHO (23 de agosto)

SANTA MARÍA (6 e 7 de decembro)

SACRAMENTO (13 e 14 de xuño)

 

Oza:

O CARMEN e STMO. SACARAMENTO (19 e 20 de xullo)

SAN ANTONIO (13 de xuño)

SAN BRAIS, SAN ROQUE e PRTO. SOCORRO (7,8 e 9 de setembro)

SAN VERÍSIMO (1 de outubro)

 

Razo:

SAN XOÁN (24 de xuño)

SANTA MARIÑA (5 e 6 de agosto)

SAN ADRIÁN (17 de xuño)

SAN MARTIÑO (8 de novembro)

 

Rebordelos:

CANDELARIA e SAN BLAS (2 e 3 de febreiro)

NENO XESÚS (3 de agosto)

SAN SALVADOR (8, 9 e 10 de agosto)

 

Rus:

SANTÍSIMO SACRAMENTO (25 de maio)

SAN PEDRO DE FERROL (29 e 30 de xuño)

OS MILAGROS (8 e 9 de setembro )

STA. MARÍA (15,16,17 de agosto)

STA. EUFEMIA e SAN MATEO (20 e 21 de setembro)

Sísamo:

O CARMEN (20 de xullo)

SANTIAGO APÓSTOL (25,26 e 27 de xullo)

VIRXEN DE PRESENTACIÓN (19 de novembro)

SANTA BÁRBARA (3 de decembro)

 

Sofán:

SAN SALVADOR (6,7,8 e 9 de agosto)

FESTA DO TARAMBOLLO (9 de agosto)

CORPUS CHRISTI (28 de maio)

SAN ANTONIO DE PREARADA (10 de agosto)

SAN ADRIÁN DA PIÑA (16 de xuño)

O CARMEN DA PIÑA (16 de xullo),

VIRXEN DE FÁTIMA (9 de agosto)

FESTA DO SOCIO (20 de marzo).

 

Verdillo:

O SOCORRO (17 de maio)

SAN LOURENZO (10, 11 e 12 de agosto)

AS DOLORES (15 de setembro)

 

Vilela:

SANMIGUEL (27 e 28 de setembro)

I.A.M.

Deixe un comentario »

Como viaxar mais barato

Nos nosos tempos o viaxar xa non é un privilexio reservado a uns poucos que dispoñan de gran cantidade de diñeiro para tomarse unhas boas vacacións fora da súa cidade. Con uns pequenos trucos e algo de vista, calquera de nós pode organizar unha viaxe cómoda e economicamente sen ningún problema e dende a nosa propia casa, oficina ou na nosa mesma cidade, só con movernos por internet encontraremos mil e unha ofertas a calquera destino do mundo, entre todas elas seguro atopamos a que máis se amolde ao noso presuposto, plans, etc.

Tanto se vamos a viaxar en barco, como se escollemos voar no avión, preferimos o tren, ou

collemos o autobús, ou o noso propio transporte, debemos ter en conta estes movementos para conseguir as mellores ofertas e descontos que podamos obter:

  • se facemos as reservas con suficiente antelación os descontos poden chegar ata o 50% do prezo en condicións normais

  • mellor se optamos por viaxar en datas que non sexan de tempada alta vacacional no noso destino elixido

  • ao ir comprar os billetes da ida tamén podemos comprar ou reservar xa os da volta e lograremos bos descontos

  • podemos utilizar tarxetas de fidelidade, pases de viaxes ou bonos para varios traxectos e nos sairán mais baratos

  • aforraremos tamén contratando no mesmo pack tanto o viaxe como o aloxamento, excursións, etc. no destino

  • viaxando en grupos numeroso, en familia ou na mesma cuadrilla obteremos grandes descontos varios

  • tanto os nenos como as persoas maiores ou xubilados teñen prezos especiais con descontos por idades

  • a última hora, se non cubriron as prazas da viaxe, as axencias e compañías baixan moito os prezos nos billetes

  • as viaxes no horario nocturno sempre son moito máis económicas que as feitos nos horarios de mañá e tarde

chamaremos a oficina de turismo do noso destino para informarnos de ofertas en aloxamentos, excursións, etc.

 

Para non levarnos desagradables sorpresas nin coa viaxe nin co aloxamento ou con calquera outro servizo que houbéramos contratado, nunca esquezamos estes pasos:

  1. leremos sempre até a última liña da letra máis pequena, asteriscos de advertencia, etc. poden cambiar completamente todo o escrito anterior e non darnos conta

  2. non fiarnos da publicidade a primeira vista, indagar e aclarar todos e cada un dos puntos que vaiamos a contratar coa axencia, compañía, etc.

  3. antes de facela reserva ter claro se podemos cambiar datas, billetes, etc. se debemos pagar un extra e as datas límite do cambio

  4. no caso de que teñamos que facer transbordo ou cambio do transporte na viaxe, teñamos seguro a conexión e o tempo de espera

  5. e por último, consultar prezos, servizos e condicións en varias axencias e compañías, e recordar que o máis caro non sempre é o mellor.

B.V.S.

Deixe un comentario »

Praias de Carballo e arredores

En verán é tempo de lecer, e unha das actividades que máis se leva a práctica é: ir á praia. Por iso achegamos unha pequena lista das prais máis coñecidas de Carballo e dos arredores.

En Carballo están Razo e Baldaio.

Hacia á Coruña atopámonos Barrañán, no Concello de Arteixo, e na propia Coruña contamos con dúas praias de sona: Riazor e o Orzán.

Camiñando, de Carballo, hacia ás Rías Baixas atopamos:

  • no Concello de Laxe: a súa praia, a praia de Laxe
  • no Concello de Muxía: Nemiña
  • no Concello de Fisterra: Langosteira
  • no Concello de Carnota: a praia de Carnota
  • no Concello de Muros: Area Maior e a praia de Louro.

Non son todas as praias coas que contamos nas nosas costas, pero si das mais coñecidas, grandes e mellor equipadas para nesta época.

Disfrutade do bo tempo e das nosas praias!!

I.A.M.

Deixe un comentario »