Arquivo para Opinión

Fillos ou Traballo? Difícil elección

null

Primeira dificultade e case a máis importante, a económica: cando una muller decide ter un fillo ten que ter en conta, ademais dos gastos normais que supón o neno, todas as rebaixas no seu soldo que terá tanto nos meses de baixa por maternidade coma despois de nace o neno pola decisión que tome respecto as horas de traballo que vaia realizar. Por suposto non é o mesmo soldo cando traballamos cada día, que cando estamos de baixa polo motivo que sexa, por iso a maioría das mulleres non poderíamos coller todos os meses que contempla a lei como baixa por maternidade, se non que xeralmente aproveitamos até o 8º ou 9º mes de embarazo traballando porque sabemos que unha vez que naza o neno será moito máis difícil volver ao traballo cando queiramos.

 

Seguindo coa economía pasamos a, despois de dar a luz: xa contamos cos gastos normais e previsibles dun nacemento dun neno, aparte temos que contar cos descontos dos meses que necesitemos da baixa maternal, que dende logo temos que coller, nós as mulleres, porque desgraciadamente e aínda, solemos cobrar un soldo bastante inferior a nosa parella, home, aínda que fagamos o mesmo traballo. Agora o neno xa ten idade suficiente coma par quedar nunha gardaría mentres nós imos ao traballo, pero aquí tamén atopamos varios problemas, tanto económicos coma de tempo e horarios compatibles. No plano económico veremos que non encontramos unha gardaría de balde para o noso fillo, polo tanto se non contamos con familiares que se poidan facer cargo do noso fillo mentres imos traballar, teremos que desembolsar a metade ou máis do noso soldo para contratar unha persoa que faga ese traballo, ou pagar unha gardaría no seu caso. Non é lóxico que vaiamos traballar por ese diñeiro que nos vai quedar, e aínda encima non poder gozar do noso neno. Isto sen contar cos horarios que moitas veces tampouco son compatibles entre gardaría e o noso emprego. Total, compénsanos quedarnos na casa coidando do noso fillo e facendo nós mesmas as tarefas do fogar en lugar de saír da casa todo o día para volver con un soldo limpo insignificante.

 

Por todo isto, e por moitos motivos máis, moitos, que non podo expoñer neste artigo porque xa non teño máis tempo para escribir, eu penso que iso que din de que as mulleres podemos escoller cando ou como ter os fillos, compatibilizar a familia co traballo e todas esas facilidades que din que nos dan, non é nada máis que unha cortina de fume que nos poñen para que non vexamos que seguimos estando coma outrora, a muller que queira formar unha familia debe ter unha persoa ao lado que gañe para os dous e para os seus fillos e debe dispor de todo o tempo para coidar, educar e manter en orden en familia e fogar.

B.V.S.

Deixe un comentario »

As obras aquí en Carballo

As obras, aquí en Carballo, aínda que a nós nos dea igual, a outra xente non lle da igual.

 

Moita xente que vive ao lado das obras están atacadas, eles non poden durmir ben, ¿por que?, vos preguntaredes algúns de vós.

En realidade, creo eu, que xa o sabedes: que as familias lle molestan os ruídos das obras .

Esta ben que constrúan pisos, casas etc., pero a maioría de nós estaremos pensando: esta ben que constrúan casas e mais cousas, pero ¿por que constrúen tantas cousas si despois tardan mais de un ano en facelas?

 

Cando necesitemos mais pisos, ou porque veñan demasiados turistas, etc..Creo eu que farán mais pisos pero agora, e de momento, non nos fan falta esperemos que tomen cartas no asunto.

I.A.M.

 

Deixe un comentario »