Xullo 21, 2008
· Gardado en Saúde
“Sen móbil eu sería unha marxinada no meu grupo de amigos e no instituto …”
É o que din a maioría dos mozos adolescentes entrevistados en varios colexios e institutos españois, séntense totalmente illados sen o seu aparello ao lado.
O caso de dous nenos de 12 e 13 anos desatou a polémica; están sendo tratados pola súa adicción ao móbil no centro de saúde mental de Lérida. Os expertos advirten da existencia de toda unha xeración de adolescentes que converteu este aparello nun xogo máxico.
Os pais levan aos seus fillos ao médico por problemas da conduta, fracaso escolar, etc. e nunca pensaron que o móbil tivera algo que ver no cambio da personalidade dos seus fillos. Cando se lles quita o aparello presentan estados graves de ansiedade e serias dificultades para levar unha vida normalizada, póñense agresivos e son capaces de urdir calquera mentira para conseguir diñeiro para unha nova recarga. Noutras palabras, sen o móbil sofren un claro síntoma de abstinencia. Eles mesmos recoñecen que sen o seu teléfono móbil están perdidos e baleiros. Din que prefiren falar cos seus amigos a través do aparello que en propia persoa.
Un estudio realizado entre mozos de 10 e 17 anos desvélanos que máis do 40% lle dedica catro ou máis horas ao día a tratar co móbil, e case todo o tempo en mandar e recibir mensaxes. Os psicólogos din que está substituíndo o tabaco, estáse convertendo nunha droga o seu alcance.
Como detectar se o noso fillo é adicto ao móbil? A maioría dos adolescentes adictos ao móbil teñen unha moi baixa autoestima e senten unha necesidade compulsiva de estar conectados en todo momento. Non se poden separar do aparello nin un so segundo, e verse privados do seu uso pode chegar a deprimilos. Apagalo provócalles ansiedade, irritabilidade e alteracións do soño, tremores e até problemas dixestivos. Pásanse a vida buscando diñeiro para recargalo, e na súa cama sempre lles acompaña a luz da pantalla coma se fora o seu osiño de peluche preferido. As mozas obsesiónanse máis coas mensaxes, sms, pola contra, os rapaces engánchanse máis aos toques, chamadas perdidas, porque son máis vagos para escribir e para conseguir diñeiro tamén.
B.S.V.
Xullo 17, 2008
· Gardado en Saúde
A risa, ademais de producirnos unha sensación de benestar inmediata, reacciona de maneira moi beneficiosa en todo o noso organismo, tanto mental como fisicamente. Rirnos a miúdo apórtanos saúde.
Unha boa gargallada pon en funcionamento uns catrocentos músculos do noso corpo, músculos faciais e músculos corporais, e axúdanos a traballar os órganos internos ademais de aportar ración extra de oxíxeno á nosa pel e a todo o corpo en xeral. Así desmentimos a lenda de que a risa produce engurras prematuras, xa que ao oxixenar a pel como o fai, provócanos a eliminación de toxinas e mantén a súa elasticidade e tersura, ao mesmo tempo que tensa os músculos faciais e evita así mesmo a flacidez e os descolgamentos das meixelas.
Tan saudable e a risa que comparándoa atopamos que unhas cen gargalladas equivalen a uns dez minutos de exercicios ximnásticos tipo aeróbic, e dende logo son moito máis divertidos. Ao rirnos liberamos endorfinas, que son as hormonas chamadas da felicidade, e está comprobado cientificamente que uns cinco ou seis minutos da risa nos bastan para facer funcionar un analxésico natural.
Nas sesións da risoterapia se da tanta importancia á teoría como á práctica e se ensina a rir con franqueza, relaxadamente, con sinceridade, como cando eramos nenos e nos riamos abertamente, sen tabús. E tamén prepárase o corpo con exercicios de relaxación e estiramentos para que a risa flúa con facilidade por todo o corpo, e as gargalladas fagan traballar cada órgano e cada músculo sen ningún problema.
B.V.S.
Xullo 15, 2008
· Gardado en Saúde
Este ano sacaron á venta unha crema da marca DENENES. Trátase dunha crema proctectora e ao mesmo tempo protéxete das medusas. Xa están á venta en: SUPERMERCADOS, FARMACIAS, CENTROS COMERCIAIS, ECT.
INCREIBLE!!
PROTÉXETE DO SOL, DAS MEDUSAS E … VIVE O VERÁN!!
I.A.M.
Xullo 15, 2008
· Gardado en Saúde
Ten en conta que as picaduras son perigosas, sobre todo se es alérxico/a ás picaduras destas.
CANDO TE VAIAS A BAÑAR: é moi importante que mires de que cor esta a bandeira da praia.
Se está:
CANDO HAXA PERIGO DE MEDUSAS:
Ten moito tino e mira antes de bañarte.
I.A.M
Xullo 14, 2008
· Gardado en Saúde
A pel constitúe o órgano máis grande do corpo.
As sús tres funcións principais son:
-
actúa como barreira aos axentes externos
-
contén os receptores dos sentidos
-
regula a temperatura corporal
Pola importancia da mesma, deberemos prestar especial atención e coidado para ter unha pel en bó estado durante moito tempo.
Trucos e coidados precisos
-
Restregala suavemente para aumentar a circulación do sangue
-
Mantela limpa de células mortas e suciedade
-
Hidratala tanto tópicamente como bebendo auga a diario
-
Vixilr as enfermedades como lunares, eccemas, graniños extranos
-
Non expoñela a riesgos innecesarios como o exceso de sol, etc.
-
Manter unha alimentación aeitada e practicar deporte
Podemos diferenciar dous tipos de pel que precisas uns coidados máis específicos polas súas características.
Pel graxa
As persoas cunha pel graxa resisten mellor os axentes nocivos externos. A graxa supón unha capa protectora da pel con propiedades aislantes e xerminicidas. A graxa acumulan secrecións en maior cantidade que a seca xerando problemas con frecuencia de foliculitis.
Pel seca
As persoas con pel seca sufren peor a acción disos axentes, xa que se deteriora o manto de protección quedando expostas as capas máis superficiais. Isto deriva en envellecemento prematuro, lesións descamativas, etc.
Publicado por B.V.S.